Unha banda deseñada sobre historia e arquitectura
Queremos editar unha banda deseñada coa biografía de Lucas Antonio Ferro Caaveiro, o arquitecto que rematou a fachada da praza do Obradoiro da catedral de Santiago de Compostela. Grazas a él é unha das prazas máis fermosas do mundo. Construiu a Casa do Concello de Lugo, a primeira das casas consistoriais das cidades galegas cun carácter monumental. Contribuiu ao perfil de Santiago como cidade barroca. Pero foi un rebelde, non agachou a cabeza diante da monarquía dos Borbóns nen da xerarquía eclesiastica. Por iso morreu na pobreza.
Características técnicas
O libro imprimiráse a toda cór con 46 páxinas (19 x 27 cm) e tapa dura. Conta unha historia centrada no momento actual cunha finalidade divulgativa da historia de Galicia. Tres persoas fan o camiño de Santiago. Falan da serie de televisión "Breaking bad" e tamén da biografía e da obra arquitectónica de Lucas Antonio Ferro Caaveiro.
Os autores
Henrique Manuel Sanfiz Raposo (Licenciado en Xeografía e Historia e director de Radio Fene Radiofusión) elaborou o texto e Carlos Sardiña (debuxante autor entre outros da banda deseñada sobre Alexandre Bóveda) realizou os debuxos cun relato actual duns camiñantes a Santiago. Mentras andan falan da serie considerada a mellor da historia da televisión e tamén da biografía de Lucas Ferro Caaveiro.
Quen somos
Son Radiofusión é a asociación de amizade coa radio local. Cremos en Galicia, pensamos galego e queremos darlle voz á xente que padece inxustizas de todo tipo en calquera parte do mundo. A asociación apoia ás emisoras municipais galegas e ten editado outras publicacións con verkami, como a banda deseñada sobre Alexandre Bóveda e o libro sobre a historia da construción naval "Perlío no pasado".
Calendario previsto
A finais de maio contamos con editar o libro e o enviaremos ao domicilio dos mecenas na primeira quincena de xuño.
0 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.