MÚSICAS DE DOMINGO
Faite xa co segundo traballo discográfico de NELSON QUINTEIRO acompañado do pianista BRAIS GONZÁLEZ.
Unha oportunidade única e exclusiva de adquirir o teu traballo antes que ninguén!
E todo cun packaging en formato revista para que non perdas detalle da producción.
**11 temas de música tradicional galega levada a un eixo de coordenada moi especial e sorprendente.
Temas que conmoven e fan viaxar.
Un constante xogo de latitudes que fai das pezas de tradición oral galega algo incomensurablemente universal.**
Coas colaboracións especiais de Blas Castañer e Roi Adrio na percusión, Erea Carbajales Molina ao violín, Raquel Miguélez ao contrabaixo, e David Álvarez Caneda ao acordeón.
O traballo foi gravado nos Estudios da Fundación SGAE Arteira Noroeste de Santiago de Compostela durante a primavera de 2019 e editado e masterizado ao longo deste verán da man de GERARDO AMIGO, quen xa se fixera cargo da producción do primeiro disco "Orquesta Gharbo".
¿Por qué MÚSICAS DE DOMINGO?
O proceso creativo que deu orixe a este traballo foi xestado a principios de 2017, argallando un directo vibrante e moi especial que temos posto en escena en lugares tan singulares como o Auditorio de Cangas, Auditorio Municipal de Ourense, Urruña (País Vasco Francés), Combarro, Festival de la Luz ou Viveiros O Piñeiro (Pontevedra).
Este traballo levaba ao universo cinematográfico de Brais González e á súa bagaxe e sensibilidade musical as diferentes pezas de música tradicional galega que Nelson Quinteiro tiña montado previamente para bandas como "Cabesa de Pau" ou espectáculos como "As Mans Perdidas" ou "Gharbo" ou outras novas pezas de música popular e tradicional que ía propoñendo.
Sen embargo os proxectos profesionais tanto de Brais González coma do propio Quinteiro fixeron imposible a plasmación deste proxecto naquel momento, e ficou na neveira en forma de gravacións ao vivo de varios concertos moi especiais.
Para Nelson Quinteiro, esta era unha "espinita" á que lle tiña moitas ganas, e que sempre escoitaba, nas súas versións en directo os domingos que tiña libre. De ahí que se convirtira na banda sonora dos seus domingos... E que lle dera por titular "Músicas de Domingo" á hora de levalo a estudio.
¿Cando recibirei a miña recompensa do disco MÚSICAS DE DOMINGO?
Inmediatamente á finalización da campaña!
O traballo xa está editado e masterizado, e listo para meter no forno.
A principios de novembro comezaremos coa campaña de lanzamento e contaremos cunha boa remesa de revistas e discos para entregar aos mecenas!
En canto ás entradas para os concertos, xa confirmados, nós mesmos xestionaremos a túa reserva nunha butaca privilexiada e con pase VIP para desfrutar dun viño connosco ao remate dos concertos de lanzamento.
¿A que destinaremos as recompensas do noso disco "MÚSICAS DE DOMINGO"
O movemento xera movemento!
Todas as recompensas serán reinvestidas no propio proxecto en forma de amortización dos investimentos, creacións audiovisuais para acompañar ás pezas, producción e distribución de espectáculos relacionados co proxecto ou con outros proxectos paralelos como "Mais Cantos" ou o vindeiro traballo discográfico que Nelson Quinteiro ten xa en mente e no que está xa a traballar.
¿Como adquiro o meu disco, fago a miña aportación ou contribúo co proxecto?
O canle verkami é doado e intuitivo.
Simplemente tés que darte de alta como usuario/a e seleccionar a túa opción de aportación.
Activarase, logo, unha pasarela de pago con tarxeta de crédito con todas as garantías do portal e do teu operador bancario.
Se chegamos ao obxectivo económico proposto, o cargo farase efectivo ao remate da campaña, e a entrega das recompensas poranse en marcha dende ese momento.
Tamén podes contactar connosco en [email protected] para que che fagamos a xestión de xeito analóxico.
¿Queres escoitar un avance do disco "MÚSICAS DE DOMINGO"
Aqui deixámosvos uns breves clips para que poidades desfrutar da nosa proposta musical.
Os clips aínda non son definitivos, pero dan conta de por onde vai tirando o traballo:
[Soundcloud item unavailable]
[Soundcloud item unavailable]
[Soundcloud item unavailable]
[Soundcloud item unavailable]
[Soundcloud item unavailable]
¿Queres saber máis sobre o proxecto "MÚSICAS DE DOMINGO"
Deixámoste aqui un PDF para que poidas botarlle un ollo a todo, todo e todo!!! Preme na ligazón!
1 comentario
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Goyo Velasco
Mucho ánimo Nelson y Brais. Un gran trabajo.