Que é ESCÁNDALO NO CDG?
Unha paixón prohibida. Unha atracción fatal. Un escándalo que sacode o anquilosado teatro institucional galego e a conservadora capital de Galicia. O amor entre Brais, un mozo cun talento descomunal, e a súa misteriosa profesora de teatro.
Como puidestes comprobar os que seguistes este verán a súa publicación por entregas en VINTE, Escándalo no CDG é, en definitiva, unha novela que te atrapa dende o principio ata o final, escrita coa man mestra e experimentada de....
CORINNA MARX
Naceu en Stuttgart en 1983 pero malia a súa xuventude é xa unha guionista veterana, curtida nas mellores factorías dos telefilmes alemáns.
Podes ler aquí a interesante entrevista que María Yáñez lle fixo en VINTE.
Vencellada ao noso país por amor, veranea dende hai anos no Grove. Debuta na literatura no noso idioma con esta fantástica novela que, coma unha botella de champaña chispeante e escumosa, serve para bautizar a ambiciosa colección:
BIBLIOTECA DE PAIXÓNS
Iniciativa editorial de Carlos Meixide co obxectivo de fomentar unha literatura popular con prezos populares na nosa língua que sirva igualmente para poñer en valor o traballo das mellores ilustradoras e ilustradores da nosa terra, como é o caso da autora do deseño da colección e da ilustración da portada de Escándalo no CDG...
PEPA PRIETO PUY
Unha das ilustradoras máis brillantes da Galiza, colaboradora en medios nacionais e internacionais (NY Times, New Yorker, entre outros) é a responsable do deseño da colección e da espectacular ilustración de portada. Acaso o libro non paga a pena só por esta obra de arte?
Podes ler aquí a entrevista que lle fixeron a Pepa Prieto Puy en VINTE
QUE NECESITAMOS
Necesitamos a túa achega. Biblioteca de Paixóns nace con vocación de ser unha colección popular, e por iso mesmo, o prezo de Escándalo no CDG será un prezo popular; ou mellor dito, UN PREZO DE ESCÁNDALO!!!
SOBRE AS RECOMPENSAS
As recompensas que se ofrecen nos distintos packs dispoñibles son os seguintes:
ESCÁNDALO NO CDG. Se o seu prezo xa é de escándalo, os mecenas poderán conseguila con 0,50€ de desconto. Vas desaproveitar a oportunidade de gozar por só 7€ da novela de moda en 2021, o ano do resarcimento?
PÓSTER DA PORTADA TAMAÑO A2: Unha obra de arte para pendurar nos vosos cuartos. Un fito na historia da cultura popular galega. Pepa Prieto Puy é unha das artistas máis relevantes da Galiza na actualidade.
- LIBROS EDITADOS POR CARLOS MEIXIDE: Os títulos que se ofrecen son os seguintes:
ONS: Primeira novela da popular saga dos 'Cinco de Ons'. Aventuras vacacionais adolescentes na popular illa
CANS: Segunda entrega da serie dos 'Cinco de Ons', desta vez unha emocionante aventura no Festival de Cans
GUITIRIZ: A terceira entrega da serie dos 'Cinco de Ons' transcorre no concello de Guitiriz durante a fin de semana do Festival de Pardiñas. Unha aventura 'política' na defensa do colectivo
AROUSA: A cuarta entrega dos 'Cinco de Ons' lévanos á Illa de Arousa nunha trepidante historia no corazón da Ría
INGE E ROBBIE: Unha parella holandesa en crise viaxa a Santiago de Compostela coa esperanza de salvar a súa relación. Conseguirano?
A MEMORIA DOS MEUS PASOS: Un home acode á cidade do Porto na procura dunha amiga desaparecida. Na súa búsqueda, acabará repetindo os seus pasos pola cidade invicta nunha historia que te enganchará ata o final
BESTIARIO DO VESTIARIO, DE MARTIÑO SUÁREZ: 50 historias incribles de deportistas nas marxes da celebridade. Un curioso bestiario de perdedores teimudos que ocupan un lugar de honra na historia non oficial do deporte
BESTIARIO DO VESTIARIO. SEGUNDO TEMPO: Novo volume dos relatos que con humor inconfundible e brillantez de estilo nos ofrece unha vez máis o burelao Martiño Suárez.
A que destinaremos as vosas achegas
O obxectivo da campaña é atinxir os 1400€ para cubrir os gastos de:
Impresión de 500 exemplares
Deseño e ilustración de Pepa Prieto Puy
Maquetación
Gastos de promoción e envíos
A posibilidade de comprar o libro por anticipado supón unha maneira de apoiar o proxecto dende o inicio.
Verkami ofrécenos unha fermosa xanela para mostrar o espírito do noso traballo e dálo a coñecer a todas as persoas que poidades estar interesadas, para que vos poidades converter non só en compradores, senón tamén en financiadores dun proxecto que vos presta e do que queredes formar parte coa vosa achega.
Calendario previsto
O noso desexo é ter o libro dispoñible a principios de decembro. Desta maneira, poderemos realizar as entregas e envíos antes do Nadal, para que ESCÁNDALO NO CDG sexa o agasallo perfecto para as vosas persoas máis queridas.
+ Info
Podes seguir a campaña nas redes sociais:
6 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Anxo_Vacca
😍
mabel
💜
mabel
💜
Nela
Dalle!
loismuzak
Que cunda o escándalo!
José Francisco Varela Rial
Imos alá outra vez! Sorte e avante!!!