Sinopse
A vida dunha moza de clase alta coruñesa cambiará radicalmente ao ter que afrontar unha investigación que involucra directamente a súa familia, xunto co seu “némesis”: un mozo galegofalante de condición moito mais humilde.
A mentira, os luxos, a corrupción e o narcotráfico serán as claves desta historia que homenaxea claramente ao cine negro propio dos anos 40 e 50. Esta búsqueda da verdade axudará á protagonista a comprender unha realidade que lle fora ocultada dende sempre, a identidade galega.
Motivación
Pretendemos acadar un obxectivo moi claro coa realización desta curta, que é visibilizar os prexuizos presentes na sociedade galega cara o uso do galego.
Nun mundo no que tendemos a ser todos iguais cultural e lingüísticamente, pensamos que debemos aproveitar o feito de poder diferenciarnos.
Creemos que se pretendemos visibilizar un problema coma este, debemos realizar un traballo profesional e da maior calidade posible. Motívanos o reto, pero precisamos da túa axuda para poder convertilo nunha realidade.
Por outra banda atopamos a orixinalidade do formato. A obra será realizada en branco e negro, e en 4:3 (cadrado). Estas decisións baséanse en pautas narrativas e simbólicas.
Sobre as recompensas
Estaremos moi agradecidos de que decidas apoiar este ambicioso proxecto, polo que te recompensariamos con algunha das seguintes gratificacións:
Presencia do teu nome nos creditos para agradecer a túa donación
Entradas ao estreno da curta Poderías ser o primeiro en visualizar o traballo, xunto coas explicacións acerca da orixe e desenvolvemento do proxecto.
Poster oficial da curta como recordo do proxecto Quén sabe, pode que nuns anos sexa considerado unha reliquia... ;)
Experencia cinematográfica En caso de estar interesado, poderás acudir ao set de grabación ou mesmo aparecer como extra nalgunha toma.
Acceso a material exclusivo Imaxes e videos acerca do proceso creativo
Quénes somos
Os nosos nomes son Eduardo Xavier e Mateo García, e somos productores da curtametraxe.
A pesar da nosa idade, xa temos experiencia no campo. O primeiro contacto foi no 2019 nun programa da Xunta cun realizador coruñés. Realizamos unha segunda curta de forma independente, esta vez a cargo de Mateo García no 2020.
Na producción participa tamén Galeguiza-T. Este colectivo pretende elevar a lingua e cultura galega ao lugar que merece. Como recoñecemento pola súa labor foi premiado pola “Coordinadora de Normalizadores de Galicia” este ano 2021. Ademais, dispón de moitos contactos para a distribución da curta.
A qué destinaremos as vosas achegas
Grazas ao gran traballo realizado na fase de preproducción, dispoñemos da meirande parte do material para a realización da curta.
Porén, non dispoñemos de presuposto para pequenos pero imprescindibles gastos, como:
Desplazamento as ubicacións nas que se roda
Catering para actores e equipo técnico
Atrezzo (vestiario e elementos decorativos)
Inscripción a premios e concursos (o noso obxectivo é transmitir a nosa mensaxe ao maior número posible de persoas)
Calendario previsto
Levamos meses preparando a curtametraxe, polo que imos comezar xa co rodaxe.
Está previsto que estrenemos a curta en decembro de este ano, 2021, momento no que teríamos preparadas as túas recompensas por darnos o teu apoio.
Contacto
Instagram: @galeguiza_T
Podes poñerte en contacto connosco pinchando debaixo destas lineas, en Pregunta ao autor/a ou deixando un comentario
5 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Reyes Caparrós
Sorteo non, sorteeeee 🍀😂
Reyes Caparrós
Sorteo e parabéns!
Reyes Caparrós
Sorteo e parabéns!
Reyes Caparrós
Sorteo e parabéns!
lorefuente
Desexando que sexa unha realidade