Qué é "Boa Onda Cómix"?
"Boa Onda" e unha revista de BD anual que nace do espíritu da autoedición e pretende darlle visibilidade e un expositor ao talento emerxente da historieta en Galiza que, moitas veces non encontra un lugar onde medrar.
O noso proxecto quere coller o testigo doutras iniciativas anteriores que xa non conviven con nos, coma: As revistas "Xofre" "Frente Comisario" "Retranca" "Golfiño" ou "Barsowia" do colectivo Polaqia.
Preview das primeiras páxinas
SEGUINTE OBXECTIVO!
Fanzine A5 de bosquexos previos. META => 2300€
(Preview)
Fanzine A5 cheo dos bosquexos previos que antecederon ás historietas publicadas no primeiro número da revista.
Fanzine gratuito con calquera compra superior á recompensa da copia dixital e unha vez superada a recompensa exposta de 2300 €
As recompensas
Ademáis da compra da revista na sua copia física ou dixital se poderá optar tamén a outros contidos como:
- Unha ilustración en A4 feita polo artista Sergio de Arcos e impresa en risografía no local de A Coruña "Lacón con Grelos".
- Unha totebag 100% algodón eco sostible cunha ilustración feita por Chano Ripio e serigrafiado a tinta negra polo local de A Coruña "Cirlcleprint"
- Mención do voso nome ou alias no apartado de "patreons" da revista coa compra do pack completo.
Quenes somos?
O primeiro número da revista formámolo por completo historietisras galegos influenciados polo mundo do cómic nados ou resididos en Galiza.
Os dibuxantes participes deste primeiro volúmen por orden de lectura son: Jorge Fernandez, José Nogueira, Miguel Perez, Álex M.Yebra, Olalla Gonzalez, Iago Díaz, Sam Insea, Ana Pandemonium, Pablo Lloveres, Andrés Chinchilla, Lía Clementina, Alex Botana, Roi García, Bráis Abal e Chano Ripio. Ademáis de contar co arte de Lucía castro, Mateo Villalustre e Sergio de Arcos que axudaron a dar forma ao conxunto con tareas de distintos medios como a fotografía ou a ilustración.
O meu nome e Chano Ripio e a miña labor foi a de facer de coordinador entre as distintas personalidades co fin de buscar unha coherencia e complicidade entre todos nos, tendo sempre como base o respeto ao traballo axeno e buscando un acabado no obxeto final que poda representar o noso esforzo invertido na proposta.
Onde dirixirase o fondos
Boa Onda é un proxecto de autoxestión que ten como obxetivo crear unha proposta cultural dentro do territorio galego, polo tanto, todo o diñeiro recibido na campaña terá como único fin: Subsanar os gastos invertidos na impresión da primeira tirada de exemplares, as recompensas para os mecenas e os gastos de envío. Ademáis da posibilidade de facer un segundo número cunha mellor infraestrutura e insistindo na nosa idea.
Calendario previsto
A impresión da revista chegará da imprenta ao principio de Agosto e a finais do Septembro chegará aos domicílios dos mecenas coas suas respectivas recompensas.
Contacto
Instagram: @Boaondacómixgz
Correo: [email protected]
9 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Fani & Fuco
Bo día, Poñedes que as recompensas chegarán en setembro, a min aínda non me chegou nada.
javier.barjas
Noraboa rapaces!! vese que tedes talento!!
Xoana Pousa
Larga vida a la autoedición y la fantasía ✨
Jose Antonio Nogueira
Enhorabuena y ánimo. Cultura es progreso
Jose Antonio Nogueira
Enhorabuena y ánimo. Cultura es progreso
Fani & Fuco
Noraboa, e que teñades continuidade...
Belen Varela
¡Enhorabuena!
Javier Cebreiros
Imos! +1
andreaouijdani
Lady gorda joins the team