Unha banda deseñada para achegar a figura e o pensamento de Alexandre Bóveda, membro do Partido Galeguista, fusilado en 1936, tras un Consello de Guerra fondamente inxusto.
FISCALIDADE PROGRESIVA
Bóveda defendia unha fiscalidade progresiva e unhas caixas de aforro ao servizo das persoas máis desfavorecidas. Por iso o seu pensamento ten unha sorprendente actualidade.
NOVELA GRÁFICA
A banda deseñada, novela ou biografía gráfica sobre Bóveda, contén debuxos de Carlos Sardiña e texto da licenciada en Xeografía e Historia Pitusa Arias.
Queremos elaborar un libro de banda deseñada, de 46 páxinas, formato europeo (tapa dura), de 19 x 27 centímetros
Antes do 15 de xaneiro de 2012
OS AUTORES: CARLOS SARDIÑA E PITUSA ARIAS
Impulsan o proxecto os autores Carlos Sardiña, Pitusa Arias e Sonradiofusión, a asociación de amizade coa radio local en Galicia.
Difundiremos a iniciativa a través de Facebook, twitter e dos medios de comunicación de Vitaminas para o galego
Twitter
Facebook
10 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Medios en galego
Autor/a
Podes contactar con ela no correo: merche.espino arroba gmail.com
philippe cloarec
Quero falar com Merche Espiño Amil. Meu nome é Philippe Cloarec. Onde e como podo falar com ela? Graciñas.
Medios en galego
Autor/a
De momento, pódese adquirir en Libraría Paz (Pontevedra) e Libraría Contos (Fene)
Ricardo
Ides distribuir as librerías especializadas en cómic?
Medios en galego
Autor/a
Non hai problema, Merche. Conta con iso. Moitas grazas e apertas.
Merche Espiño
Poderiades adicarlle o libro a Ramón Daniel Regueiro? Moitas grazas, Mercedes Espiño
Medios en galego
Autor/a
Enviarémola a partir do 15 de febreiro, un mes despois de rematar o prazo, segundo a normativa de verkami.
Odilo
Cando poderemos disfrutar da lectura desta banda desenhada? É dicir, cando nola enviaredes?
Medios en galego
Autor/a
Non hai problema. Quen queira utilizar ese método, pode solicitar a conta no correo electrónico [email protected]
sapoconcho galego
Tendes algunha conta onde se poida ingresar unha colabouración. Eu, por pricipios, e por que sei que me están a entrar na conta, non merco nada nin fago ningún tipo de pago por internet. S a tedes dadema con todo-los datos. Apertas.