❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

VRAO SONS INDEPENDENTES

Neste 2024 VRAO precisa da túa axuda para poder facer fronte a una nova edición e facer boa a nosa máxima: VRAO ES TI, VRAO SOMOS NÓS.

VRAO

Un proyecto de

Categoría

Creado en

Foz
112%
5
días
154
Aportaciones
5.586€
De 5.000€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

Apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

VRAO é un festival aberto de pequeno formato no que cada ano queremos reunir a algunha das mellores bandas da escena musical independente. Tras 5 edicións precisamos da túa axuda para facer fronte a unha nova edición e facer boa a nosa máxima de que VRAO ES TI, VRAO SOMOS NÓS.

Ao longo das nosas 5 edicións sempre defendimos esta máxima con diferentes formatos e localizacións e sempre acadando o noso financiamento polas axudas tanto de entidades públicas coma privadas. Deste xeito polo noso escenario pasaron bandas como:

UNICORNIBOT - GRAMPODER - SEN SENRA - CARLANGAS - GRANDE AMORE - ORTIGA - MALANDRÓMEDA - BOYANKA KOSTOVA - CAXADE - WÖYZA - CAZADOR - MÚSCULO! - THE LAKAZANS - BALA - CRÓ! - TRILITRATE - THE LIMBOOS - DJALMINHA - MOMBOI - AGORAPHOBIA - THEE BLIND CROWS - CUCHILLO DE FUEGO - BEST BOY - THE LOOPHOLES - PEÑA - NÉBOA - THOMAS DYLAN - MUSEL - PANTIS - UPPERCUT - NAVE NODRIZA - PABLO SEIJAS - DOIS - GANCHO SANCHES - ORQUESTA PÁNICO - LINDA GUILALA - MATAR GENTE - DIOLA - THE PHANTHOM DRAGSTERS - FAMILIA CAAMAGNO - DIOS KE TE CREW - MOUNQUP - DOIS...

Pero este ano o noso financiamento veuse completamente mermado pola perda dun dos nosos principais colaboradores. Esta perda supón unha porcentaxe máis que importante no orzamento total do VRAO pero grazas ao apoio da Vicepresidencia da Deputacion de Lugo, a través da súa área de mocidade, o CB CELTAS DE FOZ e de numerosas empresas e/ou negocios locais podemos decir que vamos salvar a edición do VRAO 2024. Non temos palabras para agradecer ese esforzo tanto das intitucións públicas como das empresas e/ou negocios que colaboran con nós e que pronto anunciaremos nas nosas redes.

Con este apoio conseguimos salvar ao VRAO pero no afán de reducir ao máximo o impacto da perda económica queremos abrir este crowdfunding á nosa xente para intentar conseguir unha nova fonte de ingresos que nos axude a manter o nivel do evento dos últimos anos. O noso obxectivo é acadar uns 5.000 €.

Para iso damos diferentes alternativas coas que poderás colaborar con nós. Unha vez seleccionada a nosa recompensa poderás facer o seguinte:

A. ENTRADA SOLIDARIA (Aporta sin recompensa)

A nosa filosofía é que VRAO é un evento aberto para todos e non queremos cobrar entrada. Pero dedicimos dar a posibilidade de que a xente poida aportar unha axuda voluntaria a partir dos 5 €. Esto sería unha doazón en concepto de entrada solidaria.

B. CAMISETA VRAO (entrega en man en Foz, Lugo)

Todos os anos temos unha camiseta do noso evento e este ano non queremos deixar de facela. Deste xeito se a túa doazón chega aos 20 € terás a túa camiseta do VRAO 2024. Unha vez seleccionada a recompensa poderás seleccionar unha ou máis camisetas. As tallas e medidas das camisetas serán as seguintes:

TALLAS Y MEDIDAS

XXS 45,5x62

XS 47,5x65

S 49,5x69

M 53,5x73

L 56,5x75

XL 59,5x77

XXL 63,5x79

3XL 67,5x81

No momento que faigas efectiva a recompensa non terás que escoller talla, os datos necesarios que se requerirán a cada colaborador solicitaranse vía mail unha vez se conclúa a campaña e soamente cando se cumpran os obxectivos. Non caso de que non se alcance o obxectivo, non se cobrarán as doazóns e, polo tanto, non se aplicarán as recompensas.

CAMISETA VRAO 2024
CAMISETA VRAO 2024

C. CAMISETA VRAO + ENVÍO NACIONAL

Esta opción sería para aqueles que queiran aportar pero non poidan vir ao VRAO, o prezo neste caso inclúe os gastos de envío para Península ou Baleares.

D. CAMISETA VRAO + ENTRADA SOLIDARIA

Ao aportar en cada unha das opcións sempre poderás facer un donativo extra da cantidade que queiras a partir dos 5 € ademáis de engadir unha ou máis camisetas con ou sen gastos de envío.

Como xa comentamos o obxectivo mínimo é alcanzar os 5.000 €. Pero temos que aclarar que esa non é a cantidade que nós recibiríamos, xa que dentro desta cantidade se inclúen os gastos relativos á realización das camisetas e ao custo deste crowndfunding. Esto quere decir que se acadamos esa cantidade o que nós recibiríamos sería unha cantidade entre os 2.000 € e os 2.500 €.

Tamén é necesario aclarar que todas as doazóns soamente se farán efectivas se VRAO logra recadar esos 5.000 € de mínimo. No caso de que o obxectivo non se lograse, non se farían efectivas as aportacións e polo tanto non se cobrarían.

E, por último, confirmar que todos os cartos que se recadados, tanto por este medio como polo resto de colaboradores, irán destinados íntegramente á realización do festival VRAO, xa sexa para a contratación de bandas, son e luces, escenarios, seguros, catering, limpeza, seguridade,...

O obxectivo final e manter o noso formato cun mínimo de 4 das mellores bandas da escena independente.

Ao longo das próximas semanas iremos anunciando todas as novidades do evento 2024 na nosa rede de instagram @vrao_festival.

O noso evento non soamente son bandas de música, festa, alegría,... O noso evento sodes vós e sen vós non somos nada. Hoxe máis ca nunca precisamos da vosa axuda para facer boa a nosa máxima:

VRAO ES TI, VRAO SOMOS NÓS.

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

15 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • Carla

    Carla

    7 días

    🔥🔥🔥🔥🔥🔥🔥🔥🔥🔥🔥🔥

  • VRAO

    VRAO
    Autor/a

    8 días

    ✨🔥💥✨🔥💥

  • Fanto Fantini

    Fanto Fantini

    10 días

    Longa vida ao Vrao!

  • Elvira Arias Sante

    Elvira Arias Sante

    11 días

    Por moitos máis Vraos! 🔥🔥🔥

  • Claudia del Pino

    Claudia del Pino

    13 días

    Brindo pola xente de acción!! A seguir loitando por boas opcións musicais na Mariña!

  • Lucía López Lombardero

    Lucía López Lombardero

    13 días

    espero de corazón que o consigades <3

  • Darius

    Darius

    15 días

    Avanti!

  • Ruben Alonso Lopez

    Ruben Alonso Lopez

    15 días

    💪🏽💪🏽

  • Estanis Moreda

    Estanis Moreda

    16 días

    Adiante có vrao!!!! 🤘🤘

  • arbolenruinas

    arbolenruinas

    16 días

    Vamos 💥💥💥

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies