❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Apoia a XV edición do Armadiña Rock! Este ano máis galega e máis armadiña que nunca!

A espera rematou! Volve o festival de balde máis emblemático das Rías Baixas, cun cartel 100% galego.

Armadiña Rock

Un proyecto de

Categoría

Creado en

62%
16
días
30
Aportaciones
1.253€
De 2.000€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

Apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

O festival Armadiña Rock de Combarro é un proxecto músico-cultural que naceu hai algo máis de 15 anos a raíz do ascenso a Segunda Autonómica en 2009 do equipo de fútbol local, o SD Combarro. A festa tivo moi boa acollida, polo que poucos anos despois, os seus membros decidiron crear a Asociación ACDeM Armadiña.

Ao longo das nosas XIV edicións pasaron polo festival bandas como: Talco, La Pegatina, Desakato, Reincidentes, Sés, Banda Bassotti, Dakidarría, Diplomáticos de Monte Alto, Siniestro Total, Terbutalina, Herdeiros dá Crus, Dubioza Kolectiv…

Na última edición de 2022, acollemos a máis de 20.000 asistentes de todas as idades que gozaron durante os tres días de festival, de todo tipo de actividades e artistas de diferentes xéneros musicais.

Tras un parón en 2023 e a pesar de todas as dificultades, voltamos neste 2024 con máis forza que nunca para seguir sendo un dos principais referentes no círculo dos festivais musicais galegos.

Dende sempre, o noso propósito foi promover a música galega compartindo coa veciñanza e visitantes o talento das pequenas bandas locais que están a empezar, xunto con outras bandas xa consagradas, así como impulsar o desenvolvemento económico de Combarro e do resto das parroquias do noso municipio.

Os nosos propósitos non rematan aquí. Ano tras ano estamos a loitar (con moito amor) para:

  • Consolidar o Armadiña Rock como festival de balde de referencia no circuíto galego de festivais.

  • Dar a coñecer bandas emerxentes de Galicia.

  • Difundir a música en galego.

  • Interconectar diferentes xeracións a través da música.

  • Dar cabida a todos os sectores do noso municipio desde a convivencia e o goce coa música como fío condutor.

  • Proxectar o papel da muller como referente no sector musical.

  • Concertos nocturnos, na Praza da Chousa.

  • Sesións vermú na Praza da Rualeira do recinto histórico-artístico.

  • Pasarrúas por distintas localizacións de Combarro.

  • Acompañamento de música tradicional da man de agrupacións da contorna.

Máis aló da música...

  • Concurso de decoración mariñeira de balcóns, no que participan activamente as nosas veciñas.

  • Saída de Embarcacións Tradicionais (en colaboración co Clube Mariño A Reiboa).

  • Actividades e obradoiros para todos os públicos.

  • Acampada de balde na Seca, lugar da Reiboa para os asistentes que así o desexen.

Distribuiremos a través desta canle, o noso Cómic ‘O último Festi‘, escrito en lingua galega, na que participaron Fernando Llor como guionista e Pablo Prado como ilustrador.

‘O último festi’ conta a historia dunha cuadrilla formada por dous mozos e dúas mozas que vivirán o seu último festival antes de separarse para dar comezo a súa etapa universitaria en diferentes cidades.

Nel inclúense códigos QR que enlazan con cancións de artistas como Herdeiros dá Crus, Ses, Fanfarria, The Tetas Vans, etc que xa pasaron polo festival Armadiña Rock.

O cómic non estará dispoñible nas haimas de merchandising do festival.

Este ano quixemos representar, a través das rochas presentes no deseño da camisola, por unha banda, ás dificultades polas que pasamos para organizar un evento como é o Armadiña Rock, e por outra banda, recordar a todas esas mulleres valerosas e traballadoras, moitas delas de Combarro, que a mediados do Século XX traballaron na canteira da vila, transportando enormes pedras para poder construir edificacións coñecidas por todos nós, entre elas o que é a día de hoxe a Escola naval de Marín.

A camisola é de corte unisex i estará dispoñible en tallas S, M, L, XL e XXL.

Incluímos en todos os packs a chapa Mecenas Armadiña. É de tirada limitada especialmente feita para esta campaña. Con ela poderás presumir de ser un dos que fan posible o noso festival. Non quedes sen ela!

As recompensas entregaránse de dous xeitos:

  • En man: durante os días de celebración do festival, no lugar que anunciaremos máis adiante. Tamén se podería facer a entrega no Fogar Armadiña, o local da asociación.

  • Por correo postal: neste caso, lembrade engadir o ADD-ON de gastos de envío para recibilas no voso enderezo.

Os prazos de entrega previstos son os seguintes:

  • En man: a finais do mes de Xullo.

  • Por correo postal: no mes de Agosto.

- CANDO? o 26, 27 e 28 de XULLO

- ONDE? en COMBARRO

- PREZO DA ACAMPADA? de BALDE

- PREZO DAS ENTRADAS? de BALDE

- BANDAS? As bandas que participarán este ano no Armadiña Rock son:

E así quedou o noso cartaz:

Ficade atentos as nosas RRSS!! Estamos a argallar cousiñas ben riquiñas!

Podedes seguir o noso proxecto a través das nosas redes sociais:

Preguntas frecuentes

  • Como ou onde podo indicar a talla da camisola?

    Polo de agora, non é preciso indicar as tallas das camisolas. Se conseguimos o obxectivo, ao rematar a campaña, recibiredes un formulario para engadir este dato.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

3 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • Carlos

    Carlos

    8 días

    Foi o primeiro festival ao que fun! Gardo moi bos recordos de todas as veces que me pasei por Combarro para desfrutar da música e da cultura.

  • Armadiña Rock

    Armadiña Rock
    Autor/a

    24 días

    Moitísimas grazas, Ana Belén! Esperamos verte polo festi!

  • Ana Belén Fernández

    Ana Belén Fernández

    24 días

    Moitisimas sorte XENTE DE COMBARRO

#02 / Novo Pack Mecenas Camisola AR24!!!

Xa podes mercar a camisola do AR24. Incluimos no pack a chapa exclusiva Mecenas!

Recorda que se desexas recibilo no teu enderezo, deberás engadir o Add-on de Gastos de envío.

Se non precisas o envío, a entrega realizaráse en man nos días de celebración do festival ou no fogar Armadiña, unha vez remate a campaña.

Polo de agora non é preciso que nos indiques a talla da camisola. Se conseguimos o obxectivo, contactaremos contigo para os detalles.

Lume!!!

Pack Mecenas Camisola AR24
Pack Mecenas Camisola AR24

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies