❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Capítulo Piloto de "Ao Ritmo de Golpes"

Axúdanos a levar a cabo a realización do capítulo piloto da miniserie "Ao Ritmo de Golpes"!

aoritmodegolpes

Un proyecto de

Categoría

0
segundos
0
Aportaciones
0€
De 700€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

Apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

MOTIVACIÓN DO PROXECTO

Un TFG entre amigas levounos a cohesionar dúas das cousas que máis nos gustan: a movida viguesa e as series de romances e drama. Cuberta, a súa vez, cun tinte de comedia ácida.

Durante o proceso de creación da miniserie queriamos ambientar a historia nun ámbito social no que a liberdade de expresión e pensamento estivese no seu pleno nacemento e fose algo caótica.

Que mellor forma que na movida viguesa? Un momento social e cultural moi rico e explosivo no cal os personaxes poden dar moito xogo.

SINOPSE

Descobrer o pasado a través do presente. Ana (19) e Cecilia (19) son dúas amigas que estudan comunicación audiovisual. No proceso de documentación para un traballo de correspondencia interésanse sobre a movida viguesa. A través das fotografías das súas nais percátanse de que están máis relacionadas do que pensaban; as súas nais viviron no mesmo pobo e experimentaron xuntas esta época de explosión social e cultural. Pero hai un pasado do que non se quere falar.

OBXETIVO

O noso obxetivo principal é poder chegar a realizar o piloto desta miniserie de ficción repartida en 7 capítulos.

Rodadas en Cambados moitas das esceas dos oitenta, queremos visibilizar a vida nun pobo nesta época e como esta condición marca e desenvolve a persoalidade das personaxes protagónicas, as ganas de descobrir máis mundo e a necesidade de pasar, por veces, desapercibidas nunha situación hostil.

PERSONAXES

Os personaxes femininos son decisivos na nosa miniserie.

O personaxe de Carme é interpretado por Pamela Miguens. Personaxe protagónico dos anos oitenta xunto con Malena. De carácter forte e decidido.
O personaxe de Carme é interpretado por Pamela Miguens. Personaxe protagónico dos anos oitenta xunto con Malena. De carácter forte e decidido.

Antía Vidal é a actriz que interpretará a Malena, outro personaxe da liña dos oitenta, reservada pero carismática.
Antía Vidal é a actriz que interpretará a Malena, outro personaxe da liña dos oitenta, reservada pero carismática.

Majo é interpretada por Chiara Naymé. Un dos personaxes enlace entre todos os demais. Espontánea e cómica, pertencente tamén á liña dos oitenta.
Majo é interpretada por Chiara Naymé. Un dos personaxes enlace entre todos os demais. Espontánea e cómica, pertencente tamén á liña dos oitenta.

Valeria Caneda é Ana. Pertencente á liña da actualidade, moi sarcástica e maja.
Valeria Caneda é Ana. Pertencente á liña da actualidade, moi sarcástica e maja.

E, por último, Nerea Martínez é Cecilia. O segundo personaxe da línea da actualidade, un dos personaxes máis novos xunto con Valeria. Espontánea e, ás veces, impaciente.
E, por último, Nerea Martínez é Cecilia. O segundo personaxe da línea da actualidade, un dos personaxes máis novos xunto con Valeria. Espontánea e, ás veces, impaciente.

RECOMPENSA

Á xente que queira axudar e formar parte deste proxecto recibirá un pequeno agasallo como son as pegatinas do logo da nosa miniserie e aparecer en créditos ao final do piloto.

Logo da miniserie “Ao Ritmo de Golpes”
Logo da miniserie “Ao Ritmo de Golpes”

CALENDARIO PREVISTO

A preprodución do proxecto e elaboración do guión piloto foi feita entre febreiro e maio deste ano (2024) mentres que o rodaxe fíxose entre xuño e xullo. Buscamos con este crowfounding poder recuperar os cartos achegados de todo o transporte do equipo humano e técnico ás localizacións previstas tanto en Santiago como en Cambados.

REFERENCIAS

Series como Paquita Salas, Autodefensa e La Mesías foron moi importantes no proceso de documentación de guión para poder alternar comedia con drama nas tramas dos personaxes.

No caso de referencias visuais xogamos moito coa curtametraxe de Arquitectura emocional 1959 de León Siminiani para dar ese ambiente vintage con cores ocres e amarelos na liña temporal dos 80 e, buscamos implementar as edificacións de casas de pedra antiga como parte do decorado desta época.

QUENES SOMOS

Somos dúas compañeiras de clase pero, sobre todo, dúas amigas que queren poder levar a cabo un guion propio ao formato visual. Queremos poder amosar a nosa visión sobre temas sociais que nos preocupan e vemos a diario na nosa vida cotiá.

A QUE VAN DESTINADAS AS VOSAS ACHEGAS

Os cartos que recaudemos neste proxecto irán destinado a poder realizar o piloto desta miniserie, o aluguer do material, transporte e dietas para a nosa equipa.

+ Info

Achégate polo noso instagram: @aoritmodegolpes

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

0 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies