A NENA Á QUE NON DEIXABAN SER FELIZ
É o novo libro de Luz Beloso e Miguel Ángel Alonso Diz, autores de “O cullarapo Croque”, que constituíu a primeira iniciativa de libro en galego a través de VERKAMI. Tivo unha marabillosa acollida entre lectores e crítica, sendo un dos libros máis vendidos en lingua galega na fería do libro de Vigo 2012.
"A nena á que non deixaban ser feliz" é un conto ilustrado cuxa lectura invita á reflexión e participación crítica do propio lector.
Polas súas páxinas flotan invisíbeis personaxes como: o principiño, Momo ou George Orwel.
Os autores do libro, Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, conseguen transportarnos a un presente que por moi irreal que poida parecer dá luz sobre a situación actual cunha escrita apropiada para tod@s e recomendada a partir dos sete anos.
O libro terá un formato 17,7x 25 cm, impreso a 4/4 tintas en papel estucado abuesado de 150 grs. A encadernación será en cartoné ao cromo impreso a 4/0 tintas en papel estucado 150 grs, plastificado mate a 1/c.
"A nena á que non deixaban ser feliz" será o número 14 dentro dos cadernos “Q de Vian”, iniciativa da Porta Verde do Sétimo Andar que comezou o seu camiñar no ano 2011, e que xa ten doce números na rúa: 1.- De Castro. 2.- Pegadas. Que reúne trinta e sete voces galaico-portuguesas. 3.- O día que morreu Steve Mc Queen. 4.- Desobediencia. 5.- O cullarapo Croque 6.- Azul ultramarino 7.- 7º andar. 8.- Letras de Amor e Guerra. 9.- Atlas de Chaguán 10.- Melíflua Moradía 11.- Castas 12.- Vattene.
QUEN SON OS AUTORES?
Ambos decidiron non incluír datos sobre a súa traxectoria, xa que nada os pode definir mellor que os seus versos e as súas ilustracións.
Miguel Ángel Alonso Diz
"Despois dun tempo de silencios voltei trala morte e deille ás de bolboreta á noite que me tiña engaiolados os beizos." (14/1/1976-1/6/2007)
“*Quen son eu?
Eu soamente son un fío de voz pendurado na eterna noite dun curruncho
esquecido, onde case non se distingue a tenue luz duns verdes ollos aínda
durmidos.
Só iso...
un fío de voz, unha tenue luz no medio da escuridade*”.
Luz Beloso
“*Luz camiña nos soños,
constrúe paisaxes
onde habitan
aqueles segundos
nos que inda había esperanza*”.
Ilustración de Luz Beloso: “O forxador de versos”
QUE É A PORTA VERDE DO SÉTIMO ANDAR?
A Porta Verde do Sétimo Andar xurde en maio de 2005, produto da coincidencia de traxectorias, experiencias e inquedanzas que fai posíbel artellar unha idea colectiva.
É un espazo creativo e aberto a todo tipo de expresión artística mesmo interactuada, un espazo poético de encontro e coincidencia; galego e comprometido coa cultura galega.
O seu ámbito de acción abrangue toda Galiza e norte de Portugal, mais tamén existen importantes conexións con comunidades galegas de Madrid ou Barcelona.
Hogano, A Porta Verde conta xa cun bo número de publicacións. No ano 2007 sae á rúa o primeiro libro colectivo de poesía baixo o título de “A Porta Verde do Sétimo Andar” no que participan nove voces poéticas. "Sétimo andar, poesía alén" (2010) era o segundo libro colectivo, cando A Porta Verde cumpría 5 anos de andaina poética. Nel participan outras nove voces poéticas das que repiten só tres nomes do primeiro libro: Miguel Ángel Alonso Diz, Ana Cibeira, Rosa Enríquez, Alfonso Láuzara, Alba Méndez, Alberte Momán, María N. Soutelo, Manolo Pipas e Ramiro Vidal.
Tivo un éxito sorprendente, considerado por Fervenzas Literarias o 3º mellor libro de poesía galega do ano 2010.
A todo isto debemos sumar os xa mencionados cadernos Q de Vian.
MÁS INFORMACIÓN
Blog de Miguel Ángel Alonso "forxador de versos"
Blog de Luz Beloso
Blog da Porta Verde
1 comentario
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Carta Gráfica
Buenas tardes
Soy Juan José Franco de Carta Gráfica, dedicada a la impresión de libros y posicionamiento en redes sociales , blogs, tiendas online…….
Nos ofrecemos para presupuestar futuros proyectos.
Un saludo,
www.imprentacartagrafica.com