Fame é un proxecto audiovisual que busca dar saída a unha xeración de creadores, técnicos e actores do novo audiovisual galego.
Pretende ser un proxecto arriscado e innovador, non pretende copiar modelos e aposta polo xénero do thriller e pola distribución na rede.
Conta cunha primeira temporada de 3 capítulos de 10 minutos de duración cada un. A segunda temporada, que se atopa xa no forno, en plena cocción, terá 5 novos capítulos de 10 minutos de duración cada un.
DE ONDE SAIU TANTA FAME?
"A viaxe de Eme e Uve interrómpese ao anoitecer por culpa do seu coche, polo que se ven forzadas a pasar a noite nunha casa rural. Alí pasarán unha noite de festa desenfreada. Alcol, sexo e rock'n'roll. Ata aí podemos contar..."
A TÚA APORTACIÓN CALMA A NOSA FAME
Se algo necesitamos en Fame é comer. E a comida neste noso sistema capitalista hai que pagala.
En Fame comen 25 personas de equipo técnico e outras tantas do artístico. Pero non solo de comida vive Fame, tamén vos necesitamos para:
Alquiler e compra de atrezzo e material de arte
Alquiler e compra de vestiario
Alquiler de material especial
Gastos para a promoción: material publicitario e transporte.
O KIT DE FAME
Seredes ben recompensadas e recompensados e todo isto pode ser voso! A ilustradora Sozosuru diseñou estas marabillas.
Añadimos un segundo modelo de camisetas, esta vez o deseño é de Gus Fernández! Poderedes elexir nos vosos pedidos cal das dúas camisetas preferides!!
COÑECES ESA SENSACIÓN?
Se non é así, deberías resolvelo:
0 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.