Ontoloxía Poética recolle a creación poética de Carlos Santiago desde o 1998, que serviu de base textual a innúmeras performances, recitais e proxectos teatrais. Como o autor afirma no prólogo, o libro é un acto de exorcismo, destinado a mandar de volta os textos ao inferno, de onde saíron.
“E haber, haivos de todo dentro. Amor, angustia, cólera, gargalladas, cábalas, vómitos e paridas. Tamén algúns versos rimados e non poucas disonancias. Hai rock, e rap, e boleros absurdos. Remedos de grandes mestres e traizóns innecesarias. Cadernos de notas. Un odio leal cara ao inimigo. Vidas e mortes de seres amados. Mesmo apuntes do natural, ridiculamente obscenos, e marañas de versos esfiados. Non teño contención.”
Sobre o autor
Escritor, poeta, dramaturgo e director escénico, Carlos Santiago (Santiago de Compostela, 1966) fixo parte da xeración de creadores e activistas culturais que emerxeu nos anos noventa á volta da Nave de Servizos Artísticos (NASA). Formou parte de bandas de rock como Nicho Varullo, a Banda da Nasa ou a Psicofónica de Conxo. É autor dun poemario, Metalurxia (Positivas, 1996) e de textos narrativos como Acantinado (Edicións do Trece, 2008); así como diversos espectáculos de poesía portátil: Textículos (2004), Desacordos Ortográficos (2007) ou As Cinzas de Pasolini (2014).
No seu traballo como dramaturgo e director escénico, que desenvolve tanto na Galiza como en Portugal, é autor de mais de trinta pezas estreadas a un lado e outro do Miño, entre elas, Au Gaciar (1999) Ascensão e Queda de Zé Grotewski (2001), Ratman e Bobyn (2001), Abraço de Ferro (2002), Sidecar (2003), Mamã Lusitânia (2005), Finlandia (2008), O Vegetal (2011), República de Gundián (2013), Ruína (2014), Dura Lex (2014), Cicatriz (2015), Tráfico (2016), Cranios Privilexiados (2017), Falar por Falar (2018), Ensaio sobre a Blasfemia (2020) ou De volta sem Magalhães (2020).
Sobre as recompensas
As recompensas que ofrecemos neste proxecto son as seguintes:
- Libro 'Ontoloxía Poética' de Carlos Santiago. O obxectivo fundamental desta campaña. A obra poética dos últimos vinte anos de Carlos Santiago nun fermoso e coidado volume deseñado por Pancho Lapeña.
- Recital poético de Carlos Santiago: Dado que moitos dos textos recollidos na Ontoloxía Poética teñen vida enriba dos palcos, ofrecemos un recital poético de Carlos Santiago nun lugar e data a acordar entre o mecenas e o autor
- Libros do catálogo de Carlos Meixide, que son os seguintes:
ONS, DE CARLOS MEIXIDE: Primeira novela da popular saga dos 'Cinco de Ons'. Aventuras vacacionais adolescentes na popular illa
CANS, DE CARLOS MEIXIDE: Segunda entrega da serie dos 'Cinco de Ons', desta vez unha emocionante aventura no Festival de Cans
GUITIRIZ, DE CARLOS MEIXIDE: A terceira entrega da serie dos 'Cinco de Ons' transcorre no concello de Guitiriz durante a fin de semana do Festival de Pardiñas. Unha aventura 'política' na defensa do colectivo
AROUSA, DE CARLOS MEIXIDE: A cuarta entrega dos 'Cinco de Ons' lévanos á Illa de Arousa nunha trepidante historia no corazón da Ría
INGE E ROBBIE, DE CARLOS MEIXIDE: Unha parella holandesa en crise viaxa a Santiago de Compostela coa esperanza de salvar a súa relación. Conseguirano?
A MEMORIA DOS MEUS PASOS, DE CARLOS MEIXIDE: Un home acode á cidade do Porto na procura dunha amiga desaparecida. Na súa búsqueda, acabará repetindo os seus pasos pola cidade invicta nunha historia que te enganchará ata o final
BESTIARIO DO VESTIARIO, DE MARTIÑO SUÁREZ: 50 historias incribles de deportistas nas marxes da celebridade. Un curioso bestiario de perdedores teimudos que ocupan un lugar de honra na historia non oficial do deporte
BESTIARIO DO VESTIARIO. SEGUNDO TEMPO, DE MARTIÑO SUÁREZ: Novo volume dos relatos que con humor inconfundible e brillantez de estilo nos ofrece unha vez máis o burelao Martiño Suárez.
ESCÁNDALO NO CDG, DE CORINNA MARX: A novela de alta voltaxe sexual que fixo tremer a escena do país. Puro teatro! (A escolla desta recompensa inclúe 2 exemplares da novela)
A que destinaremos as vosas achegas
O obxectivo da campaña é atinxir os 2500€ para cubrir os gastos de:
Impresión de 500 exemplares
Deseño de Pancho Lapeña
Maquetación
Gastos de promoción e envíos
A posibilidade de comprar o libro por anticipado supón unha maneira de apoiar o proxecto dende o inicio.
Verkami ofrécenos unha fermosa xanela para mostrar o espírito do noso traballo e dálo a coñecer a todas as persoas que poidades estar interesadas, para que vos poidades converter non só en compradores, senón tamén en financiadores dun proxecto que vos presta e do que queredes formar parte coa vosa achega.
Calendario previsto
Esperamos ter o libro dispoñible para cando remate a campaña, de maneira que poidamos enviar inmediatamente as recompensas.
+ Info
Podes seguir a campaña en redes socias:
1 comentario
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Sonia Barreiro Martínez
Altamente recomendable!