Fai posible a edición e publicación en galego da banda deseñada Incerteza, ideada e debuxada polo elerre.
Graciñas polo apoio!
O que ía ser unha historia curta para 16 páxinas, foise alongando ata chegar a este punto. Esquecín poñer o programa de lavado rápido.
Historia.
Incerteza é a historia dun operario de fábrica e unha prostituta, que descoñecendo o resultado dos seus actos para escapar dos seus infernos, converten o cuarto do bordel nunha caixa de Schrödinger da que poden saír vivos ou non.
Os diferentes escenarios abrirán distintos camiños...
O libro.
Incerteza será un libro dunhas 150 páxinas, a cor, con tapa rústica e cunhas dimensións de 19 x 24 cm. Aínda que non teño certeza de todo isto, a evolución do proxecto pode mudar para mellorar estas cousas.
A túa compra anticipada a través desta páxina fará posible sacar a diante unha banda deseñada en galego.
Simplemente correndo a voz deste Verkami (https://vkm.is/incerteza) entre coñecidos e amigos, compartindo nas túas redes sociais, xa estarás colaborando moito. Pero se queres contribuír algo máis, poderás adquirir interesantes paquetes: Camisetas, láminas, ilustracións ou un lote de Incertezas!
Paquetes opcionais.
Para acompañar ao libro editado poderás seleccionar distintos paquetes con elementos relacionados coa banda deseñada Incerteza.
4 Láminas de viñetas contidas na propia banda deseñada, cun tamaño A4 en papel estucado de 280 gr.
Ilustración orixinal dunha lavadora do inferno, en tamaño A4 e papel de acuarela de 180 gr. Técnica mixta.
Camiseta branca con ilustración do inferno D2, viñeta contida na banda deseñada.
Camiseta negra coa portada de incerteza.
Quen son.
Pois un tipo que debuxa lavadoras. Que vos vou a explicar.
A onde iran os cartos.
O presuposto desta campaña é o mínimo para sufragar os gastos de impresión, edición, maquetaxe e envíos, todo cos seus correspondentes impostos. Non hai beneficio para o autor só acadando o 100%. Así que, anímovos a que empurredes e non sexa en balde o traballo.
Calendario previsto.
A fume de carozo e sen mirar datas axeitadas. Se a campaña vai ben pois dou orde de atacar aos que teñen as armas de impresión masiva. É dicir, se non hai atrancos pois conto ter todo para metade de decembro.
Moitas grazas polo voso apoio!
1 comentario
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Lorena Sinmuros
Colabora