Apoia a Quinkillada e o noso novo disco "Mortal Cumbia"!
¡Benvidos á nosa campaña en Verkami! Somos a Quinkillada, un grupo musical do Morrazo (Galiza), estamos emocionados de presentar o noso segundo álbum, "Mortal Cumbia". Tras o éxito do noso debut con "Gozar, Sentir, Bailar" estamos listos para levar a nosa música ao seguinte nivel e precisamos a túa axuda para facelo realidade.
Sobre "Mortal Cumbia"
Este novo disco será unha fusión única de cumbia e novos sons, con letras en galego que reflicten a nosa identidade. Cun total de 12 cancións cheas de enerxía e ritmo. Estamos seguros de que "Mortal Cumbia" será un éxito tanto na Galiza como máis aló.
Consigue recompensas exclusivas
Ao apoiar a nosa campaña, terás acceso a unha variedade de recompensas exclusivas, incluíndo:
Copias asinadas do disco.
Camisolas e suadoiros co deseño mortal cumbia.
Pegatinas, totebags e outros produtos de merchandising.
Entradas para a festa privada de presentación.
Festa privada de presentación
E unha festa que faremos cando teñamos todo o material do Verkami listo para celebrar a saída do disco é facilitar a entrega dos packs a quen poida vir. Haberá música en directo, algo para picar e tempo para estar con todos vos!
Será un evento máis íntimo que un concerto habitual e de maneira máis distendida.
A entrada ao evento vai incluida en todos os packs e só se pode mercar a través de Verkami. Xa vos informaremos a través de correo electronico e das nosas redes.
A festa será no Morrazo cando teñamos todo listo.
Ningún pack inclue entradas para o concerto de presentación. A festa de presentación é un evento diferente.
ENTRADAS PARA O CONCERTO PRESENTACIÓN
Quen somos
A Quinkillada nace na pandemia como resposta artística ao encerro pasando por diferentes estilos musicáis e mesturando a maxia característica da verbena galega e a enerxía arroiadora dun festival.
Dende os nosos inicios, levamos a nosa música a máis de 70 concertos en toda Galiza e participamos en festivais destacados como o Castañazo Rock, Armadiña ou OurenSound. Agora sumamos dous ventos ao noso elenco elevando aínda máis a experiencia musical.
Coa túa axuda, estamos listos para dar o seguinte paso na nosa carreira.
A quinkillada somos:
A que destinaremos as túas achegas
Os fondos recadados destinaranse a:
Gravación e produción do disco.
Mezcla e masterización profesional.
Deseño gráfico do álbum e merchandising.
Gravación de 4 videoclips.
Promoción do disco.
Calendario previsto
Esperamos ter "Mortal Cumbia" listo para o seu lanzamento en Abril de 2024, coas recompensas entregadas aos nosos mecenas pouco despois. Manteremos aos nosos seguidores informados sobre o noso progreso e calquera novidade ao longo do camiño.
As entradas para a festa privada de presentación enviarémolas por correo electrónico así coma a data da mesma. Se confirmades asistencia faremos alí a entrega dos packs; en caso de que non poidades asistir faremos o envío a domicilio.
+ Info
Siguenos nas nosas redes sociais para obter máis información e actualizacións sobre o proxecto:
Instagram
Facebook
Twitter
TikTok
As entradas para a festa privada de presentación non son as entradas para o primeiro concerto de presentación!! non vos liedes, esas mércanse aquí
Entradas sala Aturuxo
¡Grazas polo teu apoio e por axudarnos a facer realidade o noso soño! Xuntos poderemos levar "Mortal Cumbia" ata o infinito e facer que todos bailen ó ritmo da Quinkillada.
6 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
martinha_iglesias
Para a celebración da voda por todo o alto! traédenos sudadoiros e camisolas!
Rita
Moita sorte! 🍀
Chape_44
Luuuume
Alberto Pesqueira Recamán
Lume á cumbia
María José
Moita sorte, máquinas! Deseando veros!
laaurafeerreira
¡A por todas Quinkis!