❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

FESTIVAL TEATRO GORRILLA. Edición danza e performance

Festival en rúa do Teatro Gorrilla + Síntese-Vigo do 26 ao 28 de setembro de 2024 Vigo

Teatro Gorrilla

Un proyecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
143
Aportaciones
3.382€
De 3.250€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

Apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

Queremos facer un festival de artes performativas na rúa, máis ambicioso, para máis público e con mellores condicións para as artistas.

Os nosos obxectivos:

  • CREAR UN FESTIVAL DE ARTES ESCÉNICAS EN VIGO, no barrio de Bouzas

  • Dar espazo a propostas independentes e autoxestionadas

  • Xerar máis opcións culturais e de ocio en Vigo

  • Expandir o proxecto do Teatro Gorrilla a outros públicos e barrios

  • Ofrecer mellores condicións laborais a artistas locais e mostrar o seu traballo

  • Levar as artes performativas ao publico

María de las Llanderas en Teatro Gorrilla (Maio 2023)
María de las Llanderas en Teatro Gorrilla (Maio 2023)

Por que precisamos da túa axuda?

Queremos profesionalizarnos e mellorar a oferta artística, a producción e a comunicación organizando un festival no barrio de Bouzas, combinando actuacións na rúa e nos bares. En Vigo fan falta iniciativas coma estas e poder disfrutar dun festival de artes escénicas, por isto lanzamos unha campaña de financiamento.

Santi Prego e Jorge de Arcos no Teatro Gorrilla (Outubro 2022)
Santi Prego e Jorge de Arcos no Teatro Gorrilla (Outubro 2022)

A nosa motivación é ofrecer a Vigo (e Galicia) unha alternativa cultural distinta ao ocio tradicional...

Este proxecto vai dirixido a todas as persoas que disfrutaran do Teatro Gorrilla, ás persoas que buscan máis opcións culturais e ás persoas que queren apoiar iniciativas independentes e autoxestionadas.

Consegue recompensas exclusivas

Coas túas achegas accedes a recompensas físicas, formacións e actividades con plazas limitadas.

  • Poderás conseguir deseños impresos exclusivos de comics do Teatro Gorrilla en formato postal e póster

  • Acceso a formacións que terán lugar durante o festival ou en datas a definir

  • Merchandising do Gorrilla

  • Acceso ao percorrido performativo que faremos polo barrio (prazas limitadas)

Quen somos

Teatro Gorrilla é unha iniciativa de artistas galegas para dar visibilidade ás artes performativas en rúas e espazos non convencionales en Vigo. Dende 2019, temos transformado bares en teatros alternativos con entrada inversa, garantindo a accesibilidade para todo o mundo.

A misión é clara: sacar a danza, o teatro e a performance dos teatros e achegalos á cidadanía de manera accesible e innovadora. A nosa actividade no barrio de Churruca os últimos cinco anos ten sido un éxito, consolidándonos como plataforma para artistas emerxentes e establecidas.

Equipa:

Sergio Llauger: Actor e creador escénico, fundador do Teatro Gorrilla, encargado de programación e producción.

Laura Merchán: Artista visual, performer e DJ; encargada da imaxe do Teatro Gorrilla.

Eva Comesaña: Bailarina, creadora, pedagoga, xestora cultural e DJ; encargada de comunicación no Teatro Gorrilla.

Cristina Cameselle: Directora artística do festival Por danza, Vigo.

Geni Iglesias: Actriz, xestora cultural e terapeuta, fundadora do festival En Pé de pedra.

Eva e Sergio no Faro de Vigo (2022)
Eva e Sergio no Faro de Vigo (2022)

A que destinaremos as vosas achegas

O Teatro Gorrilla é un proxecto autoxestionado no que a participación do público ten sido fundamental. En principio non teremos apoio institucional nin patrocinios e esta será a única fonte de financiamento.

Nesta ocasión queremos mellorar as condicións laborais de artistas, a oferta artística, a producción e a comunicación.

  • Cachés: 1200€

  • Obradoiros: 400€

  • Producción: 1000€ (aluguer de equipa, seguro, catering, equipa técnica...)

  • Custos de transportes e aloxamentos: 200€

  • Custos das recompensas: 200€

  • % Verkami: 250€

Calendario previsto

Festival Teatro Gorrilla + Síntese-Vigo do 26 ao 28 de setembro de 2024 Vigo, barrio de Bouzas.

Algunhas das recompensas implican a participación no festival, polo que poderás participar nos días 26, 27 e 28 de Setembro, marcao no calendario!

Sobre as recompensas físicas:

  • Poderán ser entregadas no festival en setembro

  • Poremos un punto de recollida durante os meses de outubro a decembro en Vigo (informaremos vía mail)

  • Ou poderemos enviarchas por correo

+ Info

Podes ver o noso contido nas nosas redes sociais:

Saímos en prensa:

Clara Ferrao e Salomón Penso (Maio 2022)
Clara Ferrao e Salomón Penso (Maio 2022)

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

11 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • Carlos Gallardo

    Carlos Gallardo

    aproximadamente 2 meses

    Venga ese último empujoncito! 💪🏻

  • Marta

    Marta

    aproximadamente 2 meses

    VAMOOOOS PEÑAAA CHURRUCANAAA 💪🏽💪🏽

  • Jimena Villalba

    Vvivero126

    2 meses

    Una propuesta brutal!! A por todas💜

  • Paula Vilas Eiroa

    Paula Vilas Eiroa

    2 meses

    Seguro que lo conseguís!!

  • FAUNA113

    FAUNA113

    2 meses

    ¡¡Animo Sergio y compañia, aqui está Fauna 113 para apoyar la cultura!!

  • Elsa

    Elsa

    2 meses

    Mantenlo prendido!!!

  • Aloia

    Aloia

    3 meses

    Gracias por proyectos tan grandes, con vosotrxs crece la ciudad y la cultura ❤

  • Amparo Martínez Paz

    Amparo Martínez Paz

    3 meses

    Seguimos!!!... SI que se pode!!! 💪🏾💪🏾💪🏾💪🏾💪🏾

  • A MORADA

    A MORADA

    3 meses

    Moita sorte!! Vigo debería estar cheo de proxectos coma o voso!!

  • Bea

    Bea

    3 meses

    Vamos ahiiiiiiiiii que xente tan incrible e tan coidadosa consigo fai este festii vai ser bonitoooooooo

Volver a todas las actualizaciones

#01 / Non falta nada!

Primeiro de todo: Moitísimas grazas por formar parte da nosa incrible lista de mecenas. Este festival será posible grazas a vós.

Mañá é o último día para facer achegas... Se aínda non compartiches con amigues, familia e colegas é o momento! Ou se queres voltar a facer unha achega minimísima para garantir que este festival sae adiante, só faltan 220€! (igual o mes de agosto foi un mes complicado para rañar o peto...)

O venres recibirás outro mail noso para comezar a xestionar todas as recompensas que mereces e recibirás no teu mail directamente o ansiado cartaz!

Fagamos este festival posible xuntes! Larga vida ao Gorrilla e ao público máis guai de todo Vigo!

0 comentarios

Inicia sesión o Regístrate para comentar esta entrada.

#01 / Non falta nada!

Primeiro de todo: Moitísimas grazas por formar parte da nosa incrible lista de mecenas. Este festival será posible grazas a vós.

Mañá é o último día para facer achegas... Se aínda non compartiches con amigues, familia e colegas é o momento! Ou se queres voltar a facer unha achega minimísima para garantir que este festival sae adiante, só faltan 220€! (igual o mes de agosto foi un mes complicado para rañar o peto...)

O venres recibirás outro mail noso para comezar a xestionar todas as recompensas que mereces e recibirás no teu mail directamente o ansiado cartaz!

Fagamos este festival posible xuntes! Larga vida ao Gorrilla e ao público máis guai de todo Vigo!

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies