Nelson Quinteiro (Cangas do Morrazo, 1979) é actor, director de escena, bailarín ou cantante que vive no coruñés barrio de Montealto dende vai máis de 10 anos.
No pasado ano 2012 ten levado adiante a producción musical e artística do espectáculo GHARBO! en co-producción co Centro Coreográfico Galego, ao lado de varios dos músicos e bailaríns máis recoñecidos dentro da música e da danza tradicional galega Gharbo!
Previamente ten amosado unha interesante carrera como director de teatro, sobre todo no eido do cabaré, creando o Festival Galego de Cabaré, que chega no 2012 á súa septima edición ou de diferentes montaxes de cabaré ou teatro de rúa coa Compañía Femme Fatale Cabaré3
Neste presente 2013, Nelson Quinteiro aborda o proxecto de que o seu repertorio vexa a luz en formato discográfico achegando outras melodías e ideas que teñen que ver coa súa traxectoria anterior de 15 anos investigando, compoñendo e arranxando temas da música tradicional galega en grupos como “Cabesa de Pau” ou espectáculos como “As Mans Perdidas” ou “Danza e Contradanza”, ou acompañando a outros grupos como o grupo de pandereteiras "Liñaceira" de Lugo ou "Maghúa Pandereteiros" da Coruña.
Para este proxecto o obxectivo é arrouparse de novos músicos e colaboradores cos que ten estado en contacto ao longo deste período como cantante ou director de escena.
Orquesta GHARBO!
Será o nome que levará este traballo discográfico e esta formación musical que comeza en xira dende o mes de maio de 2013 en diferentes combos (solista {voz, pedais de loop e delay, percusións}, dúo {+ guitarra}, trío {+zanfona, requinta, traveseira e gaita}, cuarteto {+acordeón e percusións} ou orquesta {+baixo +batería}, en función das posibilidades) para interpretar temas propios e tradicionais que levan acompañando ó cangués dende vai máis de 15 anos.
O disco estará composto por unha batería de temas; entre os que se atopan diversas composicións do autor ou outros temas tradicionais galegos arranxados cun particular estilo. Tangos, alalás, muiñeiras, maneos, xotas ou pasodobles tradicionais aos que se lle dá un son máis actual con claras influencias ben recoñecibles.
Para os directos crearanse dous repertorios; un de corte máis intimista baseado na polifonía, nos romances ou nos alalás e destinado a pequenos locais, teatros, etc... e outro moito máis animado pensado para festas, festivais, salas de concertos, etc... onde a rumba, o pasodoble ou as músicas populares teñan máis protagonismo.
MICROFINANCIACIÓN.
O meu obxectivo fundamental é empregar a ferramenta do crowdfunding como un recurso máis á hora de levar este proxecto adiante.
Esta ferramenta consiste na posta en marcha de varias opcións de colaboración destinadas aos amigos ou colaboradores a cambio dunha gratificación ou recompensa pola súa aportación económica. En virtude do número de colaboracións poderemos calibrar a magnitude do proxecto.
Ao mesmo compleméntao unha inversión personal e xestión de xira dos que poderemos destinar parte dos beneficios a complementar esta inversión.
En función do que sexamos capaz de recaudar por medio do crowdfunding poderemos darlle más alcance a esta proposta:
TRAMO A: Con esta recaudación cubriríamos os gastos de gravación e producción do disco. A edición do mesmo, con 500 copias editadas correría pola nosa conta.
TRAMO B: Con esta recaudación cubriríamos os gastos de gravación e producción do disco dun xeito más ambicioso, con máis colaboradores e orquestación, así como a edición, con mil copias editadas do disco.
TRAMO C: A partir desta cantidade, ademais do especificado no Tramo B cubriríamos a producción audiovisual de varios videoclips da man de Pablo Soto Golugoff, coa participación da Compañía Femme Fatale e de artistas convidados. Ademais podríamos pensar na contratación dun axente de distribución e xestión de xira, a media xornada durante 3 meses.
TRAMO D: Ademais do especificado no Tramo C poderiamos emprender unha campaña publicitaria para apoiar o proxecto ou na xestión dunha xira máis internacional da que previamente temos proxectado.
O DISCO
A RECOLLEITA
COMO SONARÁ
Deixo aquí algúns exemplos de traballos en directo.
O primeiro vídeo, do espectáculo "Brancas" da Compañía Femme Fatale ten como banda sonora o tema "Maneo de Baldaio", gravado en directo xunta ao guitarrista Álex Lorenzo, artista que formará parte dos diferentes combos da "Orquesta Gharbo!". Neste tema empregamos como bases sonoras co pandeiro sampleado de José Afonso e o seu universal "Milho Verde" ou a escena sonora de madeira de Yann Tiersen no tema "La Noyee".
O segundo vídeo corresponde a un directo do espectáculo "GHARBO!" gravado en directo durante a residencia artística do mesmo no Centro Ágora da Coruña. O videoclip é obra de Pablo Soto Golugoff, profesional no que pensamos para realizar os videoclips do disco "Orquesta Gharbo!" no caso de chegarmos ao tramo C.
Entre os dous temas e os seguintes directos en formato soundcloud fan unha idea do son que buscamos para o disco "Orquesta Gharbo!"
[Soundcloud item unavailable]
[Soundcloud item unavailable]
COLABORACIÓNS
Mediante un acordo co Directo Origen (comercio xusto e directo on-line) emprenderemos próximamente unha pequena xira de actos para presentar ambos proxectos. Ademais, varios das recompensas trazadas neste proxecto de crowdfunding son canxeables por un lote de productos de Directo Origen.
APORTACIÓNS
Para este proxecto pensei nun tipo de aportacións pensadas tanto para particulares, de 5 a 90 euros, como tamén para pequenas empresas: comercios, librarías, centros sociais, de 75 a 200 euros, ou para locais de lecer, salas de concertos, festivais ou centros públicos, de 75 a 800 euros.
CRONOGRAMA
Dende xaneiro de 2013
Conformación da proposta musical; comezo dos ensaios, sondaxe de colaboradores musicais, deseño da imaxe corporativa e gráfica do proxecto. Deseño web e xestión de métodos de crowdfunding.
Do 13 de marzo ao 21 de abril
Proceso de crowdfunding e xira promocional do mesmo por diferentes cidades e vilas de Galicia. Os actos comezarán a fin de semana da 15, 16 e 17 de marzo, na comarca da Coruña; ofrecendo tres actos; un na Biblioteca Pública da AAVV Atochas Montealto; outro na Libraria "A Lus do Candil" de Arteixo e unha festa na Taberna Mahara, da Rúa Orzán da Coruña
Do 21 de abril ao 21 de maio
Continuación dos ensaios, definición da proposta musical, e continuación da xira local para ir empastando o son.
Do 21 de maio ao 18 de xuño
Xira de Nelson Quinteiro en solitario por Uruguay da man da compañía Quimera Teatro de Montevideo. Alí impartirá dous talleres, un de teatro de rúa e outro de cabaré contemporáneo, ademais de facer unha ronda de concertos coa versión en solitario deste traballo.
18 de xuño- Setembro
Gravación, producción e edición do traballo discográfico.
A partir do 15 de setembro
Lanzamento do disco, xira promocional e retorno das recompensas ós colaboradores/as deste proceso de crowdfunding.
3 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
roberto
Nelson chámanos se podes. 981200082
Nelson Quinteiro
Autor/a
Ola, Susana!
As entradas para os concertos das recompensas de 25 ou 90 € acordaranse cos colaboradores e colaboradoras en función da zona xeográfica e da súa dispoñibilidade para acudir ás citas que entren dentro da xira.
Referímonos a concertos en sala ou teatro, en formato trío, cuarteto ou orquesta e nos que haxa marcada unha tarifa de entrada.
En caso de que, tras varios intentos non sexa posible, canxearase esa colaboración por un lote de productos de www.directoorigen.com
Susana
Hai unha data concretada xa para os concertos que mencionades?? vivo fora e non sei se podo estar o dia clave...Grazas