#15 /
NOVOS OBXECTIVOS, NOVAS RECOMPENSAS
04 Julio 2013
NOVOS OBXECTIVOS, NOVAS RECOMPENSAS
Xa temos os 6.300 euros que precisabamos para lanzar Galiza Ano Cero! Moitísimas grazas a todxs pola difusión e as vosas achegas!
Acaba aquí esta campaña? En absoluto. Quédannos aínda uns poucos días para que remate o prazo, e queremos aproveitalos para ir un pouco máis alá.
Propoñémosvos que sigades contribuíndo ao financiamento deste canal de televisión non lucrativo. Canto máis recademos, máis programas garantimos e máis sólido será o nacemento. Necesitamos tempo para explorar as que serán as vías de financiamento do futuro de Galiza Ano Cero, e iso tamén son cartos.
Cada dúas semanas, Galiza Ano Cero ten que gravar e difundir dous programas, un de debate e outro de entrevistas. Coa escala actual, e segundo o noso orzamento, cada quincena consome arredor de 800 euros.
Estes son os novos obxectivos:
Se chegamos a 7.100 euros, garantiremos dous programas máis e gañaremos quince días para explorar novas vías de financiamento.
Se acadamos os 7.900 euros, aseguraremos a produción de catro programas máis e un mes de marxe para consolidar o funcionamento.
Con 8.700 euros, garantiríamos seis programas máis e un mes e medio para medrar sen perder a escala.
E finalmente, con 9.500 euros, estaríamos en disposición de facer xa mesmo oito programas máis e disporíamos de dous meses extra para pensar, traballar e construír isto entre todas.
E que ofrecemos a cambio? Cales son as novas recompensas?
Estamos moi agradecidas a todas as persoas que contribuíron a acadar o obxectivo mínimo e a todas aquelas que o fagan agora para consolidar o lanzamento de Galiza Ano Cero. Ao comezo eramos vinte. Hoxe somos case 200 a bordo.
Queremos que esa afirmación, que hoxe somos 200 a bordo, non sexa retórica. Gustaríanos que todas esas persoas que fixeron achegas a esta campaña de financiamento participen tamén da construción de Galiza Ano Cero dende dentro. Que se asocien e teñan voz e voto nas decisións que se tomen a partir de setembro.
Por iso, queremos ofrecerlles a todas as mecenas e a todos os mecenas que se convirtan automaticamente en socias e socios de Galiza Ano Cero sen custo engadido.
Este sería o esquema:
A aquelxs que achegaron ou van achegar entre 5 e 50 euros, se queren, convertirémolxs en socixs de pleno dereito, sen custo ningún, durante 3 meses.
A aquelxs que puxeron ou van poñer entre 50 e 150 euros, sempre que queiran, claro, farémolxs socixs de pleno dereito, de balde, durante 6 meses.
E por último, a aquelxs que contribuíron ou van contribuír con cantidades superiores a 150 euros, farémolxs socixs de pleno dereito, sen pagar un peso, durante un ano.
A partir de aí, que cada quen decida. E moitas grazas!
NOVOS OBXECTIVOS, NOVAS RECOMPENSAS
Xa temos os 6.300 euros que precisabamos para lanzar Galiza Ano Cero! Moitísimas grazas a todxs pola difusión e as vosas achegas!
Acaba aquí esta campaña? En absoluto. Quédannos aínda uns poucos días para que remate o prazo, e queremos aproveitalos para ir un pouco máis alá.
Propoñémosvos que sigades contribuíndo ao financiamento deste canal de televisión non lucrativo. Canto máis recademos, máis programas garantimos e máis sólido será o nacemento. Necesitamos tempo para explorar as que serán as vías de financiamento do futuro de Galiza Ano Cero, e iso tamén son cartos.
Cada dúas semanas, Galiza Ano Cero ten que gravar e difundir dous programas, un de debate e outro de entrevistas. Coa escala actual, e segundo o noso orzamento, cada quincena consome arredor de 800 euros.
Estes son os novos obxectivos:
Se chegamos a 7.100 euros, garantiremos dous programas máis e gañaremos quince días para explorar novas vías de financiamento.
Se acadamos os … leer más
Para que nos coñezas e para escoitarte, porque isto está en construción e precisa das mans de todas, seguimos en ruta. Este xoves 4 de xullo Galiza Ano Cero para en Pontevedra, no Liceo Mutante, no número 100 da rúa Rosalía de Castro, ás 20.30 horas. Achégate e falamos.
Estes encontros, que xa tiveron lugar en Santiago, Vigo e A Coruña, está pensados para que coñezas mellor en que consiste Galiza Ano Cero, o que queremos facer, quen somos, e como temos pensado intentalo, e sobre todo para escoitar, debater e aprender a construír isto entre todxs.
Os actos retransmitiranse en streaming dende www.galizaanocero.tv, así que calquera poderá participar na distancia empregando, por exemplo, a etiqueta #outratv en Twitter.
Non será a última presentación do proxecto. Esta mesma semana estaremos en Ourense (Café Cultural Auriense, 6 de xullo). En todo caso, lembra que podes propoñer encontros… leer más
A caravana de Galiza Ano Cero pasou xa pola Coruña, Vigo e Santiago –abaixo, o vídeo de onte na Gentalha do Pichel– e nos vindeiros días parará tamén en Pontevedra, Ourense e Ferrol. Cada un deses encontros abertos, porque así os chamamos, serven para vernos, para coñecernos, para dar máis información acerca do proxecto, para convidar e incorporar persoas –sexa como asociadxs, sexa como colaboradorxs dos grupos de traballo ou simpatizantes–, para contrastar ideas, para detectar erros, para mellorar as ferramentas e, cousa fundamental, para recibir propostas. Xa o dixemos ao principio: isto construímolo entre todas.
Onte, por exemplo, alguén suxeriu sumar aos canais de vídeo un podcast co audio deses mesmos contidos, para aquelas persoas que non teñen tempo de poñerse diante dunha pantalla pero si de escoitar, mentres fan outra cousa ou se desprazan no seu día a día, as entrevistas e os debates que imos producir cada quince días. Unha idea brillante e nada difícil de implementar.
… leer más
Aí tes a primeira entrevista de Galiza Ano Cero, co profesor e activista portugués Boaventura de Sousa. Cando comecemos as emisións á volta do verán, terás unha nova cada quince días.
Difunde, descarga, recicla. Fai o que queiras con ela. Cóntanos que che parece, que se podería mellorar, que foi o que esquecemos facer.
A nosa idea, cando o noso futuro web estea en funcionamento, é que calquera usuarix, logo de ver un dos vídeos de Galiza Ano Cero, poida facer unha microdoazón para axudar a financiar o canal. O que queira. O que considere que merece o tal vídeo.
Un saúdo!
Para que nos coñezas e para escoitarte, porque isto está en construción e precisa das mans de todas, seguimos en ruta. Este martes 2 de xullo Galiza Ano Cero para en Compostela, no local da Gentalha do Pichel, no número 21 da rúa Santa Clara, ás 20.30 horas. Achégate e falamos.
Estes encontros, que xa tiveron lugar en Vigo e A Coruña, está pensados para que coñezas mellor en que consiste Galiza Ano Cero, o que queremos facer, quen somos, e como temos pensado intentalo, e sobre todo para escoitar, debater e aprender a construír isto entre todxs.
Os actos retransmitiranse en streaming dende www.galizaanocero.tv, así que calquera poderá participar na distancia empregando, por exemplo, a etiqueta #outratv en Twitter.
Non será a última presentación do proxecto. Esta mesma semana estaremos en Pontevedra (Liceo Mutante, 4 de xullo) e Ourense (Café Cultural Auriense, 6 de xullo). En todo caso, lembra que podes propoñer encontros… leer más
O xoves estivemos en Vigo, no Bou Eva, como podes ver no vídeo a partir do minuto 10, presentando o proxecto de Galiza Ano Cero e, sobre todo, escoitando e debatendo coa xente que se animou a vir e participar. A ruta segue a semana vindeira con tres novas paradas. O martes 2 de xullo estaremos na Gentalha do Pichel, en Compostela; o xoves 4 no Liceo Mutante de Pontevedra; e o sábado 6, en Ourense, no Café Cultural Auriense. Vémonos?
Galiza Ano Cero viaxou até o Centro de Estudos Sociais da Universidade de Coimbra para conversar co profesor, ensaísta e activista portugués Boaventura de Sousa Santos, un dos teóricos da necesidade de repensar a noción de democracia, asunto que abordamos no noso debate piloto.
Nos próximos días poderás ver e escoitar a conversa completa co profesor, coa que estreamos o noso espazo de entrevistas. De momento, aí tes un novo adianto.
Seguimos en ruta, para que nos coñezas e para escoitarte, porque isto está en construción e precisa das mans de todas. Este xoves a caravana de Galiza Ano Cero para en Vigo, no Bou Eva, no número 11 da rúa Terzo de Fóra, ás 20 horas. Achégate e falamos.
Estes encontros está pensados para que coñezas mellor en que consiste Galiza Ano Cero, o que queremos facer, quen somos, e como temos pensado intentalo, e sobre todo para escoitar, debater e aprender a construír isto entre todxs.
Os actos retransmitiranse en streaming dende este mesmo web, así que calquera poderá participar na distancia empregando, por exemplo, a etiqueta #outratv en Twitter.
Non será a última presentación do proxecto. A semana vindeira estaremos en Santiago, Pontevedra e Ourense. En todo caso, lembra que podes propoñer encontros deste tipo na túa vila ou cidade, no local da túa asociación ou no teu centro social. Onde queiras. Escríbenos a [email protected].
A mediados de xuño, Galiza Ano Cero viaxou até o Centro de Estudos Sociais da Universidade de Coimbra para conversar co profesor, ensaísta e activista portugués Boaventura de Sousa Santos, un dos teóricos da necesidade de repensar a noción de democracia, asunto que abordamos no noso debate piloto.
Nos próximos días poderás ver e escoitar a conversa completa co profesor, coa que estreamos o noso espazo de entrevistas. De momento, aí tes un adianto.
Estamos a piques de chegar ao ecuador da nosa campaña de microfinanciamento. As recompensas de 75 e 100 euros, que inclúen, ademais de produtos de Galiza Ano Cero, gravacións e libros dos catálogos de Discos da Máquina e Estaleiro Editora, discográfica e editorial cooperativas, están a piques de esgotarse. Por iso, e grazas á colaboración de Traficantes de Sueños, hoxe introducimos unha nova.
Por 40 euros, ademais dos clásicos e non por iso menos xustos agradecementos no web e tres obxectos de Galiza Ano Cero (bolso de tea, chapa e caderno), ofrecemos un exemplar de Hipótesis Democracia. Quince tesis para la revolución anunciada, un libro de Emmanuel Rodríguez López que vén de incorporar Traficantes de Sueños ao seu magnífico catálogo. Se queres saber máis, escoita esta entrevista co autor do volume.
Pois aí o tes. Tómao como o que é: unha declaración de intencións, unha proba, unha mostra do que queremos facer. Gravouse na sala Gurugú da Coruña, un pequeno teatro no barrio da Agra do Orzán, e xira arredor da idea de democracia, un punto de partida tamén para pensar Galiza Ano Cero. Conta coa participación de Manuel M. Barreiro, Alba Nogueira, Lola Ferreiro e Xosé Manuel Pereiro, a quen agradecemos o esforzo e a cooperación.
Cóntanos que che parece, axúdanos a difundilo coas etiquetas #quedemocracia e #outratv e non esquezas que aínda nos faltan máis de 2.000 euros para comezar.
Seguimos en ruta. Logo do primeiro encontro na Casa da Fariña da Coruña, temos dúas novas datas que compartir contigo. O vindeiro mércores 19 de xuño podémonos ver e escoitar en Ferrol, na sede da Fundaçom Artábria en Travesa de Batallóns, 7 - Baixo. E a semana seguinte, o xoves 27, en Vigo, no local da Asociación Cultural Bou Eva, no número 11 da rúa Tercio de Afora. A medida que se aproximen as citas concretaremos o horario e explicaremos máis polo miúdo como chegar.
Estes encontros está pensados para que coñezas mellor en que consiste Galiza Ano Cero, o que queremos facer, quen somos, e como temos pensado intentalo, e sobre todo para escoitar, debater e aprender a construír isto entre todxs. Os actos retransmitiranse en streaming dende este mesmo web, así que calquera poderá participar na distancia empregando, por exemplo, a etiqueta #outratv en Twitter.
… leer más
Xa dixemos que o blog provisional de Galiza Ano Cero, malia a ser provisional –o web lanzarémolo coincidindo co inicio das emisións–, tamén estaba en construción. Hoxe fixemos algunhas mudanzas que poden ser de interese.
Agora, no menú principal hai tres pestanas. Unha dá información sobre a idea de Galiza Ano Cero, o que nos gustaría que fose. Outra di quen somos, quen está ou estivo no grupo promotor e como se organiza a asociación que dá soporte legal e administrativo a este canal de televisión non lucrativa. A terceira, que xa coñecías, permite darse de alta como socia ou como socio.
Dende esas pestanas tamén é posíbel consultar os estatutos fundacionais da asociación, aprobados en marzo deste ano, ao tempo que se constituía formalmente a entidade.
Xa que estamos, contarvos outra cousa. O xoves tivemos o primeiro encontro público de Galiza Ano Cero. Viñeron unhas corenta persoas até a Casa da Fariña, que amablemente nos cederon os compañeiros de Hábitat Social.
… leer más
Queremos que coñezas mellor en que consiste Galiza Ano Cero, o que queremos facer e como temos pensado intentalo. Pero sobre todo queremos escoitar, debater e aprender a construír isto entre todxs.
Por iso comezamos hoxe na Coruña unha rolda de encontros públicos. Chamámoslles así, encontros, porque a idea non é chegar, contar e recoller os trastos, senón compartir, falar, intercambiar impresións, incorporarse.
O acto retransmitirase en streaming, así que calquera poderá participar na distancia empregando, por exemplo, a etiqueta #outratv en Twitter. Pero tamén se pode estar ao vivo.
A cita é hoxe ás 20.30 horas á Casa da Fariña, o local da cooperativa Hábitat Social no número 6 da Praza de Azcárraga.
Non será a última presentación de proxecto, nin A Coruña o único lugar. Tes máis información na nosa páxina web. Grazas pola túa atención!
Queremos que coñezas mellor en que consiste Galiza Ano Cero, o que queremos facer e como temos pensado intentalo. Pero sobre todo queremos escoitar, debater e aprender. Entre todxs.
Por iso saímos de xira. Para vernos e falar e construír mellor isto que xa está a recibir o apoio de moita xente aquí en Verkami.
Se che cae a man, vén este xoves 6 de xuño ás 20.30 horas á Casa da Fariña, o local da cooperativa galega Hábitat Social no número 6 da Praza de Azcárraga, na Coruña, e participa na primeira presentación pública de Galiza Ano Cero.
Non será a última presentación de proxecto, nin A Coruña o único lugar. Tes máis información na nosa páxina web. Grazas pola túa atención!
13 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Paula
Boas, non sei se houbo un problema, por que non recibin a miña recompensa polo mecenado. Grazas e un saúdo-
Galiza Ano Cero
Autor/a
Ola, Adrián.
Agardamos que non haxa máis atranco ca o económico para facerche chegar á Hungría as túas recompensas.
Grazas polo teu apoio!
Adrián Magro
Cara señora,
eu fixen unha achega por valor de 30 euros, mais agora vivo na Hungría, a miña pregunta é se vos será posíbel enviar as cousas (a bolso de tela, chapa, caderno) acó.
Saúdos e folgos!
Galiza Ano Cero
Autor/a
Ola, Carme.
Esta campaña ofrece dúas versións, unha en galego, a nativa, que nós escollemos como preferente, como nativa, e outra en castelán.
Se che aparece en primeira instancia a versión castelá é porque o navegador que estás a usar ten esa lingua como predeterminada.
Graciñas pola túa achega e o teu interese. Un saúdo!
carme
Acabo de facer unha aportación e botando unha ollada por aquí. Estou "bastante sorprendida" de que unha e outra vez a páxina apareza en castelán, incluso o saúdo de benvida, despois de darme de alta, é en castelán!!!! como é isto?
sorte e traballo
Galiza Ano Cero
Autor/a
Ola!
Imaxino que será posíbel anular unha das achegas, pero iso está fóra do noso control. Escribe a [email protected] e pregúntalles cal é o procedemento.
Se non tes sorte, avísanos a [email protected] e intentamos resolvelo nós.
Grazas polo teu apoio e desculpa as molestias!
María
Buenos días, como no estoy muy al día de como funcionan estas páginas, he hecho la aportación dos veces,¿ hay forma de anular una?
Galiza Ano Cero
Autor/a
Moitas grazas! Podes contactar coa comunidade de Galiza Ano Cero sempre que queiras a través do enderezo [email protected]. Un saúdo!
M.C.C
Paréceme moi bo este proxecto e coma socióloga encantaríame poder participar do xeito que sexa, debates, entrevistas ou calquera modo de acadar e distribuir cultura e información.
Galiza Ano Cero
Autor/a
Boa pregunta, Dani.
Goteo era a nosa primeira opción, polas razóns que mencionas, pero cando iamos propoñer o noso proxecto aos xestores da plataforma soubemos que había outro, moi interesante, tamén galego e dalgún xeito complementario ao noso (Adtlántida.tv), que tiña todo preparado xa para iniciar a súa campaña de recadación con eles.
Nese intre decidimos –quen sabe se acertamos ou non– buscar outra alternativa, única e exclusivamente para evitar que as campañas se obstaculizasen entre si. Esa alternativa foi Verkami.
Grazas polo teu interese!